alba.jpg

 

Alba Cid

Ourense, 1989.

Escribe e investiga en poesía contemporánea, especialmente galega. Recoñecida desde nena con diversos premios literarios, participou en volumes coma Poética da casa (Consellería de vivenda e solo, 2006) ou antoloxías coma No seu despregar (Apiario, 2016). Publica textos de creación e reseñas nas revistas Grial, Luzes, Tempos Novos, Nayagua, Oculta Lit ou Dorna, facendo parte do consello editorial desta última. Algúns dos seus poemas foron traducidos ao castelán, grego, inglés e portugués, e apareceron en plataformas coma tr3sreinos.com, The Offing e Poem-a-Day, serie web da Academy of American Poets. Na actualidade, encárgase do John Rutherford Centre for Galician Studies da Universidade de Oxford.

O seu primeiro poemario é Atlas (Galaxia, 2019).